Plataforma Som Energia
Plataforma Som Energia

Donde el debate abierto, transparente y participativo tiene lugar.

Proxeccion #OligopolyOFF na Galiza

Como saberedes, desde Som Energia Galiza estamos a coordinar as proxeccións do documental #OligopolyOFF no noso territorio. A estrea farase en todo o estado entre os días 6 e 7 de maio (na Galiza penso que todas serán o día 6). Buscade a localidade mais próxima e sumádevos á proxección, e se vos animades, podedes participar na organización dunha proxección na vosa propia localidade.

As localidades coas que estamos a traballar, sen estar aínda todas confirmadas, son as seguintes:

Listaxe de vilas nas que temos confirmada a estrea do documental:

  • A Coruña na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga 6, baixo) ás 19h
  • Allariz no C.S.A. Cambalhota (Rúa do Castelo 10) ás 19h
  • Betanzos na Libraría Biblos (Rúa Santiago 4) ás 19h
  • Boiro no Centro Social de Boiro (Poeta Manuel María s/n) ás 20h
  • Carballo na Biblioteca Rego da Balsa (Rúa Bos Aires) ás 19h
  • Carral na Casa da Cultura (Rúa Paleo,7) ás 20:30
  • Ferrol no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204) ás 19h
  • Foz na Casa da cultura de Foz (Rúa de Lugo 1) ás 19h
  • Lalín no IES Laxeiro (Avd. Buenos Aires, 71) ás 19h
  • Lugo en Bico de grao (Ronda das Fontiñas 226) ás 19:30h
  • Ourense na Biblioteca Pública (Rúa Concello 11) o XOVES 7 ás 20:30
  • Pontedeume no Colectivo Terra (Rúa Boa Vista 8, baixo) ás 19h
  • Rianxo no Auditorio (Autores da Rianxeira, s/n) ás 19:00h
  • Ribadeo no Amodiño Tenda Bar (Rúa Amando Pérez 8) ás 19h
  • Ribeira no Ateneo Valle-Inclán (Praza de Compostela 11) ás 20h
  • Santiago de Compostela no local de Compostela Aberta (Praza do Toural) ás 19h
  • Vigo no Centro Cívico de Teis (Rúa Maceiras s/n) ás 20h
  • Vilar de Santos na Arca da Noe (Rúa do Forno 13) ás 19h

Que non sabedes aínda de que vai o tema?. Pois lembrámosvos que antes deste #OligopolyOFF xa disfrutamos de dous reportaxes/documentais sobre o mercado eléctrico do mais interesante e que podedes ver na rede:

Nesta ocasión, e ao igual que en #Oligopoly2, foi a Px1NME, na que participa Som Energia, a que realizou, financiado vía crowfunding coa participación de mais de 600 persoas, un novo documental, que poderedes ver nos días da estrea en todo o estado, ou mais tarde, cando a plataforma o suba á rede para o libre visionado e descarga.

Ponte en contacto co grupo galego se queres organizar algunha nova proxección na túa localidade.

Temos material para difusión nos ficheiros do grupo: aquí.

 

    • Daniel Espinheira

      Por Daniel Espinheira

      Súmase Ourense á proxección:

      Biblioteca Pública de Ourense

      Rúa Concello 11

      xoves 7 de maio ás 20:30

    Grupo local da Galiza

    Grupo local da Galiza

    Grupo de traballo da Galiza