Plataforma Som Energia
Plataforma Som Energia

Donde el debate abierto, transparente y participativo tiene lugar.

Presentación de Som Energia na sede do Espazo Ecosocialista Galego

O pasado mes de abril fomos convidadas polo Espazo Ecosocialista Galego a participar no seu ciclo de palestras e debates: "Conversas con...", centrado nos modelos alternativos de participación no ben común, para falar do modelo da cooperativa Som Energia.

A charla, o venres 19 de abril, tivo lugar na sede do partido, un pequeno local situado na zona de Fontiñas. Asistiron entre dez e quince persoas, que mostraron grande interese polo proxecto da cooperativa. Presentouse a plataforma de traballo de Som Energia e o grupo de traballo da sección territorial galega, coa intención de animar a novas socias á participación activa na cooperativa. Gustou especialmente, igual que no encontro de grupos locais en Barcelona o pasado mes de febreiro, a organización do noso grupo, a distribución de tarefas e a documentación de todo o traballo do grupo. Despois da charla houbo un tempo para o debate onde xurdiron as consultas típicas relativas á cómo facerse socias e contratar a electricidade con Som Energia e outras relativas ao autoconsumo e á produción de enerxía e inxeción á rede.
 
A título persoal a experiencia foi positiva e resulta agradable facer difusión do proxecto entre xente coa que se comparten múltiples afinidades e que comparten os obxectivos da cooperativa.