Plataforma Som Energia
Plataforma Som Energia

Donde el debate abierto, transparente y participativo tiene lugar.

Encontro do grupo local galego en Compostela de febreiro

O pasado día 2 de febreiro reunímonos algunhas das persoas que formamos o grupo local/territorial da Galiza para seguir avanzando na nosa participación do proxecto Som Energia. A continuación podes ler as conclusións do encontro (tamén podes descargar as actas cun formato máis coidado aquí)

 

ENCONTRO SOM ENERGÍA GALIZA
2 de Febreiro de 2013 - Sábado
CSC Castiñeiriño. Santiago de Compostela. A Coruña.


10:30 h: Benvida e presentación das persoas participantes (caras novas!).
- re-definición dos nosos obxectivos.
- ferramentas de comunicación do grupo; usos do correo e da plataforma.
- balance/avaliación da actividade -> rotación de responsabilidades.
Breve pausa
- "o que se coce" en som energia: borrador autoconsumo,  organización territorial (calafell, etc...), reunión de febreiro en Barcelona.
- "o que se coce" na "cooperativa enerxética galega".
13.45 h- próxima reunión
14:00 h: Fin do Encontro.

Obxectivos:

Os obxectivos do grupo de traballo non están claros para todas as persoas que forman parte do grupo polo que se revisan na reunión. Os obxectivos, exceptuando o da busca de proxectos renovables no propio territorio, están todos relacionados coa difusión:

  • Difundir o proxecto explicando a filosofía da cooperativa.

  • Animar a máis persoas a sumarse a Som Energia.

  • Buscar proxectos renovables pola súa zona de actuación.

  • Crear espazos de encontro entre as socias da súa/s zona/s favorecendo a implicación e participación de máis persoas.

  • Organizar reunións con axentes locais

Engádense aos obxectivos do grupo os seguintes:

  • Coordinar a participación de socios e socias galegas no desenvolvemento da cooperativa

  • Levar os obxectivos da cooperativa á política local, autonómica e estatal

En canto á difusión fálase da posibilidade de poñerse en contacto con outras asociacións, como p.e. asociacións de veciños. Lánzase a idea da factura en papel opcional para aquelas persoas (especialmente a xente maior) que non dominan a informática.

Ferramentas de comunicación:

FerEmpreguemos ben as ferramentas informáticas das que dispoñemos ata o de agora. En concreto, intentemos centralizar o traballo na Plataforma (http://somenergia.coop/plataforma/) para participar activamente, debatir, informar, dar a benvida a nova socias, colgar novas e documentos e ler e reler a información que alí amosemos... A rolda de correo servirá exclusivamente para dar avisos da necesidade de entrar na plataforma por algún tema concreto, o blogue servirá para coñecer o histórico de actividades, o calendario para coñecer os eventos planificados, o foro para as discusións, e a wiki para a organización máis estática (quen somos, obxectivos, arquivos do grupo).

Xorden algunhas propostas para levar á organización da cooperativa:

  • Facilitar información, nas comunicacións por correo electrónico ás socias, sobre como poñerse en contacto cos grupos locais (sinaturas a pé de dos correos?). Obsérvase que xa se está traballando no tema a nivel estatal.

Balance e avaliación da actividade:

Actualmente en Galiza contamos con 59 socias en data de decembro de 2012 e consta que moitas delas non saben da existencia dos grupos locais ou da Plataforma. Hai 31 persoas as inscritas na lista de e-mails de Saramaganta; e 17 persoas anotadas na Plataforma.

 Dani deu resposta a uns 16 contactos que solicitaron información através do e-mail de Som en Galiza. Na Plataforma está colgada unha carta –modelo de información xeral para que as vindeiras persoas encargadas de respostar aos e-mails non traballen de máis...

 A elaboración e difusión dos tríticos en galego por diferentes localidades galegas está a axudar a visibilizar este proxecto. Aínda quedan folletos nas oficinas de Sinerxia (r/ Fernández Villaverde 4-1º oficina 3-4. Pontevedra) para toda persoa que necesite deles.

Ademais de informar de Som ao noso entorno familiar máis cercano, realizáronse diferentes actividades de difusión através da entrega de tríticos na Feira de Arzúa, en Verdegaia e na última reunión de REAS en Vigo.

Tamén presentamos Som Energia como unha boa experiencia cooperativa no Taller sobre o Cooperativismo como fórmula de autoemprego que SINERXIA, co apoio do Concello de Pontevedra, levou a cabo dentro das actividades organizadas nas Xornadas para o fomento do traballo no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 21 e 22 de novembro de 2012. Asimesmo o pasado 8 de decembro no local do Sindicato labrego Galego de Ribadeo e dentro das actividades desenvolvidas no Taller Divulgativo da Economía Solidaria e a Débeda soberana houbo unha presentación e mesa redonda do libro “Miradas globais para outra economía, organizada por Amarante Setem. Nesta Mesa foron invitados representantes de Fiare, Amarante e Som Energia como exemplos de iniciativas e experiencias de éxito que demostran que non solo é posible unha economía diferente guiada por valores como a xustiza, a solidariedade, a participación, a cooperación, a comunidade e a sustentabilidade, senón outro xeito de consumo que se enfronta ó modelo e á lóxica capitalista. E rematando co capítulo de actividades divulgativas neste último trimestre recordar que o pasado 14 de decembro e seguindo co mesmo programa de Ribadeo participamos con Amarante esta vez na Casa das Campás en Pontevedra.

Rotación de responsabilidades

 Recordade que para poder para formar parte das Comisións estatais soamente hai que darse de alta na Plataforma, xa que a meirande parte delas a día de hoxe están abertas a todas as persoas que queiran participar voluntariamente nelas.

 Comentamos como está nestes momentos a participación de socias de Som en Galiza tanto nas diferentes Comisións de Traballo que xa existen a nivel estatal como nas tarefas de mantemento do/s grupo/s locais. Posteriormente candidatámonos varios dos asistentes nesta reunión para cubrir as tarefas máis urxentes. Así queda o organigrama ata finais de abril:

 COMISIÓNS DE TRABALLO:

  • Comisión de comercialización:

  • Comisión de Proxectos: Fálase dun socio de Coruña interesado en participar...

- Fotovoltaica:

- Eólica:

- Biomasa:

- Biogás:

- Minihidráulica:

 

  • Comisión de Servizos aos socios/as:

  • Comisión de Comunicación:

  • Comisión de Educación:

  • Comisión de Recursos:

  • Comisión de Autoconsumo: Autoconsumo e balance neto: Victor (Por certo, moi interesante o PPT que elaborou sobre este tema)

E xa dentro das tarefas propias do grupo de Galiza:

- Benvida e atención ao correo galiza@somenergia.coop: Suso (Lalín)

- Organización, coordinación e apoio aos grupos locais: Dani (Coruña)

- Mantemento da Plataforma, blog e rolda de correo: Dani

- Grupo tradución: Dani e Begoña

Tradución do alemán ao galego: Begoña (Coruña)

- Calendarización de eventos: Begoña

- Tesoureiría: Lucía (Lugo)

- Organización da vindeira reunión, incluindo confirmación de asistencia: Pilar (Pontevedra)

Recordamos que as novas socias poden entrar nas Comisións en calquera momento e ao tempo poden candidatarse para algunha función dentro da organización agora e nos vindeiros trimestres (tradución ao galego de documentos e novas noutros idiomas; organización das futuras reunións; levar a pequena contabilidade cos desprazamentos nas actividades de difusión seguindo a plantilla de Som; levar o blogue; a calendarización...) do grupo galego e conseguir así maior difusión, maior forza e mantemento das funcións no tempo, xa que recordemos que se decidira ir rotando as responsabilidades cada tres meses.

Fálase da posibilidade de realizar reunións virtuais para evitar desprazamentos e facilitar a “asistencia” de máis persoas. Algúns dos sistemas que se propoñen son o Skype (voz e texto), o IRC (chat), e outros. Neste tipo de reunións sempre nos enfrontamos a problemas técnicos por parte das persoas usuarias polo que se recomenda comezar con reunións non moi extensas e con poucos puntos na orde do día. A falta de experiencia neste tipo de reunións tamén pode ser un factor limitador ao bo funcionamento da reunión. Non se fixa ningunha reunión nin sistema técnico a utilizar.

Sobre a situación nos vindeiros meses

 A difusión da experiencia de Som Energia segue a ser necesaria para poder chegar a novas socias, a novas localidades ao tempo que melloramos o mercado social galego. Entendemos que as persoas que se candidataron na reunión anterior a difundir a experiencia de Som Energia na súa

comarca ou noutras seguen con esa intención, e animamos ás novas socias a que entren nalgunha Comisión para coñecer a outras socias e para aportar os seus puntos de vista a este proxecto.

Os días 23 e 24 deste mes Dani candidatouse para asistir como representante de Som en Galiza ao Encontro que finalmente se organizará en Barcelona para debatir sobre como mellorar a organización interterritorial de Som Energia. Neste Encontro Dani aproveitará para traer 500 pegatinas que se están a elaborar, pegatinas co lema” Aquí se consome enerxía renovable”. E tamén aproveitará para preguntar pola posibilidade de que as persoas maiores socias de Som poidan ter a factura da luz en papel, se fose posible xa que é unha suxestión moi demandada. E intentará que a partir de agora nos correos tipo de Som estatal aparezan os grupos locais e a Plataforma, para facilitar que as novas socias coñezan aos seus grupos máis cercanos, estean informadas e colaboren en xeral. A cooperativa faise cargo do custe do transporte a cargo do presuposto do grupo territorial, e facilitará aloxamento e comida durante os días da reunión.

A orde do día da reunión dos grupos locais é a seguinte:

  1. Información sobre “¿Cuál es la estructura profesional y qué temas lleva cada uno/a en la oficina de Girona?”

  2. Información sobre “¿Qué son las Comisiones de Trabajo y cómo funcionan?”

  3. Información sobre “Canales de comunicación, ¿dónde está la información? ¿A quién dirigirme?”

  4. ¿Cómo transmitir información de la cooperativa a los socios/as?”

  5. Estructura mínima de un grupo local: gestión del correo, coordinación, tesorería...

  6. La utilidad de la Plataforma: Tipos de grupos, para qué sirven, cómo dinamizarlos y coordinarlos.

  • Sería efectivo que nas entidades pertencentes ou colaboradoras con Som que dispoñan de Web poidan incluir nela o enlace a Som.

  • Fálase de ter representación dalgún xeito nos Concellos para poder ter forza como para lograr variar as leis enerxéticas. Tal vez difundir Som Energia entre xente maior pode axudar a respaldar esta iniciativa no tempo. Para iso necesitariamos ter acceso a Asociacións Veciñais e Centros Sociais...

  • O modelo Coop57 é un modelo organizativo que ben pode ser importado para Som Energia nos diferentes territorios. Estaría ben colgar a información que temos enviada ao listado de e-mails á plataforma, para que poidamos entre todos visualizar o paralelismo: Asemblea xeral estatal + Consello Reitor estatal + Asemblea Xeral en cada sección territorial e Consello de Sección como Consello Reitor de cada territorio, ademais dos grupos avisadores locais como xa acontece en Coruña, Lalín ou Pontedeume.

  • Som está a traballar agora mesmo na posibilidade de dispor de redes propias para a distribución de enerxía verde, ante o inminente cambio da Lei enerxética (que todo apunta a que ou ben desaparecerá completamente ou ben se penalizará a comercialización tal e como funcionaba ata agora).

Sobre a evolución da cooperativa a nivel estatalSobre a evolución da cooperativa

Na escola de verán de 2012, nas reuníons de grupos locais de Som Energia e a través da plataforma estase a discutir o futuro da cooperativa. Algúns puntos clave da discusión son os seguintes:

Conclusións de Calafell (escola de verán):

Consensos:

  • Afondar na participación e na información -> uso da plataforma

  • Centralización da compra, comercialización e xestión

  • A difusión é responsabilidade dos grupos locais/territoriais

  • Favorecer participación de persoas de cada grupo nas comisións

  • Utilizar medios telemáticos para aforrar diñeiro e enerxía

  • Engadir aos estatutos os grupos locais, grupos territoriais e comisións de traballo

Non hai consenso:

  • Como son os grupos e que fan cada un

  • Asemblea; como participan as socias?

  • Consello reitor

  • Cooperativas de 1º e 2º grao

Composición de órganos directivos (energía Gara)

Desde o grupo de energía Gara preséntase unha proposta de composición dos órganos directivos.

Anteproxecto de Estatutos

Estase a traballar sobre o anteproxecto dos estatutos da cooperativa.

Sobre a situación do proxecto dunha cooperativa galega de enerxía:

 O pasado 25 de Xaneiro o noso compañeiro Ramón mantivo unha sesión de asesoramento na sede social de SINERXIA con dúas persoas do Grupo Promotor da Cooperativa Enerxética Galega - Angel Montero e Juan González.

Foi unha sesión solicitada polo Grupo para resolver unha série de dúbidas nomeadamente relacionadas coas características específicas da fiscalidade e contabilidade das cooperativas, para alén doutras cuestións relacionadas co proceso de constitución como o capital social mínimo obrigatorio a nivel legal e e estatutario e proceso de desembolso; a dotación dos fondos de reserva; a tipoloxia de sócias recollida na Lei de Cooperativas, para alén das usuárias dos servizos

da Cooperativa e a localización do domicílio social da Cooperativa. Non puido asistir unha terceira persoa do Grupo Promotor que dinamiza o plano de viabilidade do Proxecto.

CONCLUSIONS da sesión de asesoramento:

- Domicilio Social: Pendente de consultar nos órganos sociais de SINERXIA a posibilidade de acoller o domicilio social desta Cooperativa na sede da Federación ou de algunha das súas Unións - UGACOTA / UCETAG, cunha finalidade de comezo de recollida de posible correspondencia / documentación.

- Contabilidade / Fiscalidade Coop: Envio de documentación de interese desde SINERXIA e posibilidade de realizar un Taller de medio día, cun caso práctico para o cálculo do Resultado Económico e Imposto de Sociedades para unha Coooperativa de Consumo de Galiza. A data desta actividade está por fixar. Sería de interese que tamén participase neste Taller o Grupo de Som Energia Galiza.

- Asemblea Constituinte: Envio desde SINERXIA dun Modelo Tipo de Certificación da Acta da Asemblea Constituinte dunha Cooperativa de Galiza.

- Continuación do proceso de asesoramento por parte de SINERXIA: Concordouse en que Ramón se incorporará no Grupo de Traballo Virtual do Proxecto dentro da plataforma N-1, para participar no proceso de revisión dos documentos e debate da iniciativa. (Hai 17 persoas implicadas na Plataforma)

- Complementariedade de Iniciativas: Volvéuselle a resaltar a importancia de coñecer en profundidade as demais iniciativas activas de cooperativas de produción e comercialización de enerxias renovábeis estatais, como estratexia de seleccionar a mellor información; tomar as mellores decisións e visibilizar as posíbeis complementariedades entre as mesmas.

Desde o grupo de Som Energia en Galiza sempre estaremos abertos a colaborar con outros proxectos pertencentes á economía social e solidaria relacionados directamente coa comercialización, distribución e/ou produción de enerxía verde, co obxectivo común de difundir e mellorar o desenvolvemento do mercado social no noso país.

Vindeira reunión

 Pilar será a persoa encargada de organizar a seguinte reunión trimestral, a poder ser noutra localidade diferente. Abriremos un Doodle para decidir en que data a teremos. Proponse entre os sábados 27 de abril, 4 de maio ou o 11 de maio.

Febreiro 2013


Podes descargar as actas desde os arquivos do grupo, carpeta Actas, ou directamente desde aquí.